HISTORIA

Petroglifo

Petroglifo

A gran cantidade de achados arqueolóxicos no concello de Porto do Son permítennos dar boa fe da riqueza arqueolóxica desta terra. Os machados de sílex, a gran cantidade de petroglifos, os numerosísimos asentamentos castrexos, as mámoas, as aras romanas ou a lápida funeraria de Queiruga son unha mostra de que estas terras albergaron dende a antigüidade a pobos que se asentaron nesta zona por moi diversas razóns.

PETROGLIFOS: Co nome de petroglifos coñécense ós numerosos conxuntos de gravados rupestres ó aire libre. Os gravados están situados xeralmente en zonas próximas ós cursos dos ríos ou a pouca distancia da costa, nas ladeiras dos pequenos outeiros e, en menor medida nas ladeiras das montañas e nos vales fluviais. A meirande parte aparecen sobre rochas graníticas de gran tamaño, a ras do chan, inclinadas e a media ladeira. A inmensa maioría dos petroglifos galegos podían encadrarse dentro da Idade dos Metais, sobre todo na Idade de Bronce e no Bronce Final. Os motivos máis abundantes son: lAs cazoletas, as combinacións circulares, espirais, labirintos, animais, armas, cadrados e outros motivos pero con menor presencia

PETROGLIFOS DE PORTO DO SON

NOMBRE

SITUACIÓN

PARROQUIA

Petroglifos da Picota

A Picota

Miñortos

Petroglifos de Outeiro da Malda

Outeiro da Malda

Goiáns

Petroglifos de Eiravedra

Eiravedra

Goiáns

Petroglifos do Outeiro de Con

Con

Noal

Petroglifos da Sobreira

A Sobreira

Noal

Petroglifos dos Pozos da Garda

Monte Dordo

Noal

Petroglifos do monte Dordo

Monte Dordo

Noal

Petroglifos da Rastra

Ladeira de Rastra

Baroña

Petroglifos do monte da Gurita

Monte da Gurita

Baroña

Petroglifos de Baroña

Abuín

Baroña

Petroglifos da pedra da Buguina

Monte Enxa

Baroña-Noal

Petroglifos da laxe da Sartaña

Cadarnoxo

Queiruga

Petroglifos do monte Esparrelle

Monte de Esparrelle

Caamaño

O Castro de Baroña,eclarado Patrimonio Artístico Nacional, é un depósito arqueolóxico encadrado no ámbito norte da cultura castrexa. Sitúase na chamada Punta do Castro e a relevancia socio-turística deste xacemento radica na súa privilexiada situación, xa que ocupa a totalidade dunha pequena e accidentada península dunha beleza paisaxística innegable. Este feito vaino converter no segundo castro máis visitado de Galicia, esta posición adiantada de entrada de ría e boca do océano fará que tódolos ventos e correntes veñan bater aí, o que, por unha banda debeu de face-la vida no castro bastante desagradable, ó tempo que está a motiva-la súa destrucción; pero, por outra, dende calquera punto da rosa dos ventos resulta moi doado a arribada a el. O acceso ó castro non ten perda. Pola estrada que vai de Porto do Son en dirección a Ribeira hai que percorrer uns 4,3 quilómetros. Nese punto, a man dereita, hai un aparcamento sinalizado e un único edificio. Xusto aí comeza unha baixada por un camiño de carro, a treitos enlousado, que leva directamente ata a entrada do castro, onde remata despois de serpear ó longo duns 600 metros.

O interior do recinto ten unha primeira zona con restos de edificacións e, ascendendo por unhas escaleiras monumentais, outro nivel con restos habitacionais. Unha muralla escalonada, con ramplas entre os diferentes lanzós de muros, separa os dous barrios. Ascendendo por un barreiro cortado sobre unha furna que chega a ter 25 metros de altura, chégase ó punto máis alto do castro. Unha das hipóteses máis sostidas é que estivo habitado polos celtas da tribu dos presamarcos e que podería se-lo Vicus Sapcorum da calzada romana Per Loca Marítima que atravesaba a serra de Barbanza. O castro permaneceu habitado ata unha época moi tardía, tal vez ata a chegada dos suevos.

A Lápida funeraria de Queiruga foi atopada na praia desta parroquia, onde, aínda hoxe, os veciños seguen a chamar a praia das Seiras ou Seilas. Na actualidade, está na parede dereita, segundo se entra pola porta principal da igrexa parroquial. Entre os anos 1750 e 1822 serviu de altar ata que o bispo a mandou retirar por non ter sido consagrada.